Publicacións

Leonardo Álvarez Álvarez: o concelleiro socialista trivés vítima da mesquindade.

Casado, veciño de Pena Foleche (Póboa de Trives), canteiro de profesión, concelleiro socialista desde as eleccións de 1931 ata marzo de 1936 e voceiro da Agrupación Socialista.  Foi vítima da Lei de Fugas aplicada pola Guarda Civil a milicianos. Este home, fuxido desde os primeiros instantes da sublevación, foi sorprendido nas inmediacións da súa aldea o 30 de outubro de 1938 por varios Gardas Civís e soldados pertencentes á liña de Trives, sendo capturado cando pretendía darse á fuga.Segundo a súa familia foi delatado por un veciño que días antes tentara afacerse coas súas terras por un prezo irrisorio. Unha vez esposado, e segundo o atestado da G.C., pretende fuxir, recibindo catro disparos en distintas partes do corpo que lle producen a morte instantánea. Deixaba atrás unha viúva e oito fillos, o máis pequeno de sete meses e o maior de 19 anos. A súa esposa e fillos sufrirán posteriormente a raiba dos fascistas, vivindo violentos episodios en nocturnos rexistros domiciliarios. Leon…

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

Imaxe
Dicen las crónicas que el primer lugar de España en el cual se proclamó la II República fue en la localidad de Eibar. Sin embargo, muy pocas personas saben que esto no es así, ya que si hacemos caso de lo que nos relata Armando Fernández Mazas en su libro Ourense:Atenas de Galicia (1989), fue Rivadavia, y no Eibar, la localidad que por primera vez proclamó la II República española.

Según la crónica de Fernández Mazas en la noche del día 12 de abril de 1931, " al saber el triunfo de los republicanos en las elecciones municipales, después de celebrarlas en espléndido banquete, salió Antonio Buján acompañado de sus numerosos amigos y comensales y se dirigieron a la iglesia de Francelos en las afueras de Ribadavia. Colocaron en su espadaña la bandera republicana y lanzaron al vuelo las campanas despertando a los vecinos y proclamando con brillantes discursos la República. Fue el primer lugar de España donde se proclamó y no Eibar como figura en los anales de la historia. Con este ac…

OS SOCIALISTAS OURENSÁNS RECUPERAN A MEMORIA DE SECUNDINO COUTO SOLLA, ALCALDE REPUBLICANO DE CANEDO.

Imaxe
O evento, no que se presentará o libro “Lembranza a Secundino Couto Solla”, celebrarase no local social da Sociedade Artística “La Troya” o próximo xoves e contará coa presenza dos seus familiares.

A Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, por medio da Secretaría de Memoria Histórica,  organiza este xoves día 12, ás 20:00 horas, un acto na lembranza do alcalde republicano-socialista do antigo Concello de Canedo, hoxe máis coñecido como o barrio da Ponte.

No evento presentarase o libro “Lembranza a Secundino Couto Solla. Alcalde republicano-socialista do Concello de Canedo”, editado pola Agrupación Provincial Socialista e a Fundación Luís Tilve co obxectivo de divulgar e rescatar do esquecemento a figura deste notable político ourensán. No mesmo participarán Rafael Rodríguez Villarino -Sº dos Socialistas Ourensáns- e os autores da obra, Francisco Javier Quintas –Sº Provincial de Memoria Histórica- e Hilde Couto Serantes –neta do biografado-.

Secundino Couto Solla

Natural de Mour…

Secundino Couto Solla: o alcalde republicano-socialista do Concello de Canedo

Imaxe
Natural de Mourente (Pontevedra, 1873) foi unha das máis importantes figuras do obreirismo ourensán, ocupando diversos cargos de responsabilidade no seo das sociedades obreiras. Presidente do Centro de sociedades obreiras de Ourense en 1899 e da Agrupación Socialista de Ourense en 1900, á chegada da IIª República afiliaríase ao Partido Radical Socialista e a Unión Republicana, chagando a acadar a alcaldía do veciño concello de Canedo, onde máis asentado estaba o seu liderato. Será encausado pola xurisdición de guerra e posto a disposición gobernativa o 27/08/1936. Sufriu presidio en Celanova e Oseira, regresando finalmente ao seu fogar. No seu expediente de Responsabilidades Políticas, a Garda Civil di sempre que é do PSOE, mentres que outras fontes afirman que pertencía ao PRRS ata febreiro de 1936 en que pasou a UR. O propio expedientado recoñece tal militancia, aínda que afirma no ter ingresado de facto en UR. Asemade, foi xulgado polo Tribunal de Represión da Masonería e o Comuni…

Lecturas recomendadas: Médicos Ourensanos Represaliados en la Guerra Civil y en la Posguerra. Historias de la "longa noite de pedra"

Imaxe
" El trabajo Médicos ourensáns represaliados na Guerra Civil e a posguerra. Historias da "Longa noite de pedra",publicado por la FUndación 10 de Marzo en 2002 nació como un divertimento, como una curiosidad derivada de mis pesquisas acerca de la historia de la medicina ourensana...Sin embargo, poco a poco se fue convirtiendo en un compromiso frente a la desmemoria y el olvido sufrido por estos colegas médicos y sus familias, todos ellos víctimas de la represión, la depuración y la barbarie de aquella guerra civil. Hoy presentamos una segunda edición corregida y aumentada de aquel libro de 2002.

Valores como libertad, solidaridad, participación ciudadana, compromiso social, igualdad, respeto a las personas...han estado presentes en todos y cada uno de los testimonios recogidos...Son, a su vez, valores que mi familia siempre me han transmitido y que intento que mis hijos asuman." David Simón Lorda, 2010.

FICHA

Título: Médicos Ourensanos Represaliados en la Guerra Ci…

José Sueiro Martínez: a xeración de enlace entre o republicanismo e o constitucionalismo do 1978

Imaxe
Nacido en 1919, foi fillo de Manuel Sueiro, histórico mestre republicano ourensán, membro da ATEO, da Federación Republicana de Ourense, Director da Academia General e membro do PRRS que foi perseguido, enviado a prisión e inhabilitado para o exercicio da docencia durante o franquismo. Tamén mestre de profesión coma o seu pai, e irmán da coñecida mestra do Colexio Sueiro, Pacita Sueiro, exerceu en diversos centros da provincia ata a súa xubilación. José Sueiro iniciou a súa formación como mestre segundo os plans de formación dos mestres da República, abortados polo alzamento militar de 1936. En 1979, nas primeiras eleccións municipais da democracia, foi candidato á alcaldía de Ourense nas listas do PSOE. Acadou acta de concelleiro xunto con  con Juan Manuel Iglesias Rivera, Manuel Veiga Pombo, Manuel Rebollo Manzano e Manuel Estévez García. Dimitiu como concelleiro en 1981 por considerar indigno que persoas con outra profesión cobraran por exercer como edís no concello. Faleceu en Ou…

Adolfo Rodríguez Ansias: o mestre da ATEO que viviu 28 anos emparedado

Imaxe
Orixinario de San Cibrao das Viñas e ideoloxía radical-socialistas, Adolfo Rodríguez Ansias era mestre republicano na escola de Bóveda (Amoeiro). Membro da ATEO, que en 1936 se adherira á FETE-UGT, foi tamén administrador da revista Escuela del Trabajo e o Boletín ATEO. Adolfo fora detido o 28 de outubro de 1934 baixo a acusación de inxurias ó réxime, cuxa causa foi sobresida. Contrario a levar ós nenos á igrexa, e identificado como inimigo do caciquismo, converteuse en branco da persecución tras a sublevación de xullo do 36. O seu foi un símbolo de extrema supervivencia, pois conseguiu eludir a súa detención permanecendo agochado nun zulo construído na vivenda dos seus tío en Ourense. O nonaxenario Carlos Domínguez (da familia dos “Capóns” de Bóveda) lembra a fuxida do mestre a través da historia que lle contara un familiar deste: “levárono oculto nun carro de uces dende Bóveda ata á Praza do Ferro” (en galego empréganse –entre outros- os termos urce, breixo, queiruga ou carrasco pa…

O póximo día 12 de abril celebraremos un acto na memoria de Secundino Couto Solla, alcalde republicano de Canedo. Gustaríanos contar coa vosa presenza.

Imaxe

Armando Pompilio Fernández Mazas, o mestre da ATEO que refundou a FETE-UGT

Imaxe
Nacido en Ourense, o 30 de xaneiro de 1905, estudou na Escola Normal de Ourense, onde se graduou como mestre. No primeiro bienio republicano foi mestre na localidade e Bóveda (Amoeiro) e entrou en contacto coa Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), organización que en 1936 acaba adheríndose á FETE-UGT. No ano 1932 gaña en propiedade a súa praza de mestre en Vilariño (Pereiro de Aguiar). Militou no POUM e nas Xuventudes Socialistas Unificadas, sendo habitual colaborador no xornal antifascista ourensán Espartaco e na revista da ATEO Escuela del Trabajo. Co alzamento militar fuxe cara Castro Caldelas e entre os anos 1942 e 1947 refúxiase en Castro Leboreiro cunha identidade falsa. Instálase despois en Valencia, onde é detido co seu amigo Juan Rodríguez Dever en 1955 e trasladado á prisión de Carabanchel. En 1963 reincorpórase ao maxisterio, primeiro na illa da Gomera e despois en Pombeiro (Pantón), onde se xubilou en 1975. Foi fundador no ano 1977 da FETE-UGT, da que f…

Francisco Dopazo Rodríguez: concelleiro socialista en Amoeiro e primeiro Deputado Provincial do PCE

Imaxe
Veciño de Parada de Amoeiro, foi concelleiro socialista no concello de Amoeiro durante a IIª República. As súas posturas escorarán cara a esquerda, chegando a converterse no primeiro deputado provincial do PCE en Ourense. Nacido en Rairo (Parada de Amoeiro) no seo dunha familia labrega o 31 de outubro de 1902, O Protasio é recordado como unha persoa amable e voluntariosa para cos demais, ademais dunha fantástica habilidade para o desempeño da súa profesión como carpinteiro. Sempre estivo moi comprometido co ideario obreirista, chegando a presidir o Sindicato da Madeira da Casa do Pobo de Ourense. Aínda que inicialmente abrazou o ideario socialista, ao longo da República radicalizou os seus postulados e abrazou o ideario comunista. Foi concelleiro socialista, ou comunista segundo queiramos ver, do Concello de Amoeiro durante todo o período republicano, así como Deputado Provincial desde o 21 de marzo de 1936, sendo así o primeiro deputado provincial do PCE. En 1930 foi Voceiro da agru…