Semana do feminismo e o socialismo (II): María Cambrils Sendra (1877-1939)

Moitas e notables foron as mulleres que ao longo da nosa historia se comprometeron coa causa feminista desde un socialismo activo e militante, abrindo traballosamente e con incansable ánimo a senda do inacabado camiño da igualdade de xénero. É por iso que, aproveitando as celebracións do Día da Muller, desexamos facer preesente as vidas dalgunhas destas heroínas en boa medida descoñecidas para o grande público. 

Malia que desexariamos poder escribir unha entrada de propia autoría sobre cada unha delas, o certo é que nos vemos na obriga  por falta de tempo de recorrer ao notable traballo que outros fixeron antes que nós e que tan noblemente serve para o fin que nos propoñemos. 

Divulgaremos unha entrada diaria desde o día de hoxe ata o próximo día 10, día sinalado no cal a Secretaría  Provincial de Igualdadedo PSdeG-PSOE de Ourense celebrará os actos de homenaxe ás mulleres socialistas que -auguramos- terá unha grande carga emotiva e simbólica para todos os que cremos nos principios da igualdade de xénero. 

Espero que vos gusten estas entradas e as divulguedes na medida do posible entre os vosos contactos, pois só así se cumplirá o obxectivo real desta iniciativa, dar visibilidade ao compromiso que tiveron as mulleres do Partido Socialista coa loita pola igualdade de dereitos e liberdades entre homes e mulleres.  

Vai por elas! Vai por todas vós! 

Javier Quintas
Sº de Memoria Histórica da Agrupación Provincial do PSdeG- PSOE de Ourense

María Cambrils Sendra (1877-1939)



Naceu no Cabanyal (Valencia), en 1877. Filla dun matrimonio obreiro, que había ter que emigrar desde Pego (Alacante) a Valencia, onde María viviría a maior parte da súa vida, ata que en 1933 regresou a Pego por motivos de saúde. Malia a súa condición de autodidacta, chegou a formar parte da elite intelectual obreira como prolífica articulista e frecuente conferenciante. Casouse moi nova con José Martínez Dols, formando un matrimonio de curta duración pola temprana morte deste. Tras enviudar, María residiu nun convento valenciano, e ata puido ser monxa durante unha tempada. Nos seus escritos recorda a súa "vida conventual" e demostra con frecuencia o seu coñecemento de textos relixiosos, malia o seu anticlericalismo radical.

É tan pouco o que dela se soubo, que se chegou a pensar nalgún momento a súa inexistencia, crendo que a súa sinatura correspondería a un varón que escribise en defensa do feminismo, aínda que non hai moito tempo atopáronse probas da súa personalidade. Desde logo, tampouco se coñecen os detalles do seu proceso de aprendizaxe para adquirir a súa magnífica formación política, nin de como se produciu o seu achegamento á vida pública, aínda que este, segundo parece, foi debido á influencia dunha veciña valenciana e á da súa segunda parella. Foi cara a 1915 cando coñeceu a este, José Alarcón Herrero, antigo líder anarquista murciano e militante xa entón do Partido Socialista, como o sería tamén ela. Malia o seu decidido radicalismo, no proceso congresual seguido no seo do socialismo hispano ante a proposta da vinculación á Terceira Internacional de Moscú, mantívose firme defensora do marxismo da Segunda, seguindo a postura maioritaria do partido, xunto ao seu venerado Pablo Iglesias, en contra do comunismo leninista. Sempre vencellou socialismo con democracia, e igualdade con liberdade.

Entre 1924 e 1933 chegou a ser na práctica a única muller columnista habitual de El Socialista, sen importarlle protagonizar confrontacións dialécticas con homes ou mulleres de recoñecido prestixio público. Tal foi a súa crítica ao labor de María de Echarri  -fundadora e dirixente dos sindicatos católicos de obreiras en Madrid, e concelleira do seu Concello por nomeamento do dictador, xeneral Primo de Rivera-, non só como membro da corporación municipal, senón como propagandista e escritora. Rubricaba desta forma brillantes artigos sobre ensino da muller, matrimonio, maternidad, divorcio, antifeminismo oculto e, por suposto, o voto feminino. Eran artigos que se inserían xunto aos do mismísimo Pablo Iglesias, ou os grandes líderes socialistas Julián Besterio, Andrés Saborit, Indalecio Prieto ou Largo Cabaleiro. Ata, participaba en mítines, conferencias ou reunións con outras mulleres correlixionarias políticas ou sindicais, converténdose en referente das mulleres socialistas da época. Tamén colaborou con outras cabeceiras de prensa obreira e republicana como El Pueblo, en Valencia e Salamanca; El Obrero, de Elche; Revista Popular, de Guadalajara; EL Obrero Balear; El Popular, de Gandía; El Mundo Obrero, de Alacante; e La Voz del Trabajo, de San Sebastián. É nas súas propias colaboracións onde se atoparon indicios certamente sorprendentes sobre a súa vida política.

En 1925 publicou a súa obra Feminismo socialista, un referente sobre os dereitos das mulleres e a acción feminista entre as súas correlixionarias, libro dedicado a Pablo Iglesias e prologado por Clara Campoamor. Nas súas páxinas e ao longo de toda a súa vida, loitou a favor do feminismo de clase, obreiro ou socialista, en contra do teórico feminismo catequista, empregando numerosas referencias á Biblia e ás cartas de Teresa de Jesús, á vez que aos escritos de Carlos Marx. Predicou sempre a necesaria vinculación entre feminismo e socialismo, non entendéndose o un sen o outro. Reprochou decididamente a falta de iniciativa da maioría dos seus compañeiros varóns en facilitar a liberación e formación das súas parellas e fillas, en clara misoxinia obreira, así como a súa despreocupación por defender a súa igualdade e o seu dereito ao sufragio: "A muller moderna aspira a coparticipar do dereito, non a impoñerse, como sosteñen caprichosamente os inimigos do feminismo. Non queremos piedade, senón xustiza".

Cando en 1933 instaláronse en Pego, María desvinculouse de toda actividade política e xornalística en razón da súa enfermidade, mentres José levaba o encargo profesional de poñer en marcha a Caixa de Previsión Social. Alí exerceu este como concelleiro, sendo elixido secretario xeral da Agrupación Socialista; directivo da UGT e vocal da Xunta de Administración da Casa do Pobo desde 1933 a 1939, en que foi encarcelado, para ser fusilado en marzo de 1940. María morreu en Pego (Alacante), a consecuencia da súa enfermidade e apenada polo encarceramento de José, o 22 de decembro de 1939.

FONTE




    Publicacións populares deste blog

    No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

    A tradicional implantación socialista na vila de Allariz