Secundino Couto Solla: o alcalde republicano-socialista do Concello de Canedo


Natural de Mourente (Pontevedra, 1873) foi unha das máis importantes figuras do obreirismo ourensán, ocupando diversos cargos de responsabilidade no seo das sociedades obreiras. Presidente do Centro de sociedades obreiras de Ourense en 1899 e da Agrupación Socialista de Ourense en 1900, á chegada da IIª República afiliaríase ao Partido Radical Socialista e a Unión Republicana, chagando a acadar a alcaldía do veciño concello de Canedo, onde máis asentado estaba o seu liderato. Será encausado pola xurisdición de guerra e posto a disposición gobernativa o 27/08/1936. Sufriu presidio en Celanova e Oseira, regresando finalmente ao seu fogar. No seu expediente de Responsabilidades Políticas, a Garda Civil di sempre que é do PSOE, mentres que outras fontes afirman que pertencía ao PRRS ata febreiro de 1936 en que pasou a UR. O propio expedientado recoñece tal militancia, aínda que afirma no ter ingresado de facto en UR. Asemade, foi xulgado polo Tribunal de Represión da Masonería e o Comunismo por ter formado parte da loxa barcelonesa “Democracia”. Sufriu unha importante merma do seu patrimonio por mor das múltiples responsabilidades económicas e incautacións ás que se viu obrigado a facer fronte. Faleceu no seu domicilio en Ponte Canedo en 1960.

FONTE:
  • QUINTAS FERREÑO, F.J. e COUTO SERANTES, H. (2018): Lembrtanza a secundino Couto Solla. O alcalde republicano-socialista do Concello de Canedo. Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve.

Publicacións populares deste blog

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

Ricardo Feijoo Varela (1875-1949): socialista e fundador da Casa do Pobo de Celanova