Alfonso Ortega Prada (1902-1944): A traxedia tras a traxedia


Nace o 17 de maio de 1902 en San Justo de Sanabria, Zamora. En 1930 instálase en Xares (A Veiga) coa súa familia, onde pouco tempo despois acadaría a secretaría da Sociedade Agraria de Xares (1933), creada anos atrás –en 1931- como resposta ó caciquismo imperante e integrante da FNTT-UGT dende os seus inicios. Esta sociedade chegou a ter 800 afiliados. Militante uxetista e socialista, o 03 de marzo de 1936 entra na Comisión xestora do Concello de A Veiga. Fervente crente no proxecto republicano, será integrante do Comité de Defensa da República de A Veiga nos primeiros momentos do alzamento nacional. Foi xulgado por un delito de rebelión militar, pero declarado en rebeldía –fuxido-. Iso non librou ao seu entorno familiar da sañuda represión dos falanxistas, pois queimáranlle a casa e detiveran á súa muller en varias ocasións para obrigala a informar do paradoiro de Ortega Prada. Tamén a súa nai foi expulsada polos falanxistas da vila de Xares. Permanecerá fuxido disfrazado de xornaleiro por localidades como Vega de Cascallá ata que en 1943 instálase en Toral de los Vados e monta un serradoiro.  Perde a vida o 03 de xaneiro de 1944 cando se dirixía a Brañuelas no tren correo 421 que levaba de Madrid a Coruña, posiblemente o accidente ferroviario máis importante da historia de España.

FONTE:

ORTEGA PRADA, A. (2007): Memorias. Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve.

Publicacións populares deste blog

No fue en Eibar, fue en Ribadavia. La proclamación de la II República.

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz

Ricardo Feijoo Varela (1875-1949): socialista e fundador da Casa do Pobo de Celanova