Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2018

Alfonso Quintana Pena: Deputado socialista por Ourense nas Cortes republicanas

Imaxe
Alfonso Quintana Pena coa súa esposa en compaña de Manuel Suárez Castro tras un mitin en 1931 na Casa do Pobo de Ourense. Nacido en Viveiro (Lugo) o 14 de xaneiro de 1897, estudou Bacharelato no Instituto Provincial de Lugo e licenciouse en Dereito no ano 1928 pola  Universidade Central de Madrid. En 1922 participou na organización da Agrupación Socialista de Viveiro, pero un ano despois incorporouse ao Exército de Operacións de España en África, onde cumpliu o seu servizo militar e permaneceu voluntariamente catro anos máis. Ao seu regreso instálase en Ferrol, ingresando na Sociedade de Oficios Varios da UGT en 1930 e saíndo elixido concelleiro nas eleccións de abril de 1931, proclamando a República desde o balcón da Casa Consistorial. Representou ás Agrupacións Socialistas de Ferrol e Neda (A Coruña) no Congreso Extraordinario do PSOE de 1931. Nas eleccións Xerais de 1931 concorreu como candidato a Cortes por Ourense, saíndo elixido Deputado. Formou parte entón da Comisión

A Casa do Pobo de Ourense

Imaxe
Se hai un símbolo que represente o avance e o triunfo do movemento obreiro, non pode ser outro que as chamadas Casas do Pobo. Máis alá de seren un mero edificio no que as diferentes sociedades obreiras estableceran as súas sés, constitúen realmente un espazo de convivencia e acollida fraternal de tódolos traballadores e traballadoras comprometidos coa loita obreira, o progreso e o igualitarismo social. Son, en definitiva, os templos laicos do socialismo dende os que se difundía o evanxeo marxista e se exercía a solidariedade obreira. OS INICIOS Os inicios do movemento obreiro en Ourense están intimamente ligados ó nacemento da Federación Local da Iª Internacional (formada por carpinteiros, zapateiros e obreiros da construción) e o chamado Centro y Sociedades Obreras no ano 1885. Este último instalará a súa sé na Casa de Gullón (antiga Praza do Cid, actual Eirociño dos Cabaleiros), chegando a constituír o núcleo de inspiración das ideas sociais do republicanismo local

José López Darriva (1887-1952): Un exemplo de compromiso socialista na clandestinidade

Imaxe
A figura de José López Darriva dentro do socialismo ourensán foi por moito tempo descoñecida. Habitual colaborador de El Socialista e do semanario socialista ourensán La Lucha (1935-1932), ata a publicación do Diccionario biográfico del socialismo español da Fundación Pablo Iglesias nada soubemos da súa traxectoria vital e política que hoxe, con motivo dos 131 anos do seu nacemento, desexamos facer presente. Perito mercantil e xornalista, José López Darriva naceu en Ourense o 23 de febreiro de 1887. Pouco sabemos das súas actividades na cidade das Burgas, mais si temos constancia da súa afiliación á Agrupación Socialista de Ourense con anterioridade a marzo de 1913, cando ingresa na Agrupación Socialista de Madrid procedente desta. Foi Secretario do Comité Nacional das Xuventudes Socialistas de España de 1912 a 1915, así como vocal do mesmo entre 1915 e 1919. Ao residir en Madrid, tamén representou á Agrupación Socialista de Ourense nos IX e X Congreso do PSOE (1912 e 1915). A

Celso Vila Rodríguez: Secretario da ATEO, xermolo da FETE-UGT de Ourense

Imaxe
Nacido o 13 de novembro de 1912 e natural de Ourense, Celso Vila Rodríguez traballou desde 1930 como mestre nacional en O Viso, por aquel tempo localidade pertencente ao veciño concello de Canedo. É a partires de 1931 cando Celso Vila, como a inmensa maioría dos mestres republicanos ourensáns, se afilia á ATEO, organización sindical de docentes que en 1936 acabará por ingresar na FETE-UGT. Na Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO)  participará moi activamente, de tal modo que ocupará por un tempo a Secretaría Xeral desta sociedade obreira socialista. Desde abril de 1934 estivo afiliado ás Xuventudes Socialistas de Ourense, sendo detido durante cinco días en outubro de 1934 por mor das súas actividades na folga revolucionaria.Ingresou na Agrupación Socialista de Ourense en xaneiro de 1936 e, producido o golpe de Estado, permañeceu oculto ata xullo de 1939. O 18 de xullo de 1939 pasou a fronteira portuguesa por Vilardevós, chegando ata Trabancas e posteriormen

Senén Dávila Araujo (1882-1968). Un socialista do Ribeiro.

Imaxe
Senén Dávila Araujo, natural e veciño de Ribadavia, naceu o 08 de febreiro de 1882. Carpinteiro de profesión, foi membro da Agrupación Socialista de Ribadavia. Ao triunfar o golpe de Estado de xullo de 1936 foi detido o 14 de novembro e condenado a morte en Consello de Guerra. Finalmente a súa pena foi conmutada por unha pena de 30 anos de reclusión en xaneiro de 1937. Estivo interno na prisión de Celanova, na Prisión Provincial de Ourense e desde o 14 de xullo de 1937 no centro penitenciario de San Cristóbal de Pamplona (Navarra), do cal saíu en liberdade condicional o 14 de febreiro de 1943. Faleceu na súa terra natal no ano 1968. FONTES: Fundación Pablo Iglesias: Diccionario biográfico del socialismo español , consultado en:  http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico

Celso González Rodríguez, Pesidente da Casa do Pobo de Ribadavia.

Imaxe
Celso Gonzalez Rodríguez e a súa dona. Celso González Rodríguez foi Presidente da Casa do Pobo en Ribadavia. Tras o golpe de estado do 36 foi encausado por un delito de rebelión militar cos agravadas de perversidade e transcendencia. Condeado a morte, foi executado no Campo de Aragón (Ourense) o 9 de febreiro de 1937. Nin esquecemos, nin perdoamos.  O noso recoñecemento ós mártires da liberdade, a democracia e a xusticia social.

Un recordo no 130 aniversario do nacemento de Clara Campoamor

Imaxe
Republicana, feminista e masona, Clara Campoamor -que estritamente non podemos dicir que abrazara no seu momento o ideario socialista, xa que nunca militou no PSOE e mesmo mantivo importantes desacordos coas estratexias adoptadas polo Partido Socialista durante a Ditadura de Primo de Rivera e a IIª República- se nalgunha organización política deixou unha fonda pegada, esa foi no partido de Pablo Iglesias Posse. Artífice da que sen dúbida foi a máis importante conquista social e política do século XX en España, Clara Campoamor é aínda hoxe un verdadeiro exemplo de compromiso ético e político, de coherencia e de fidelidade a uns principios -os da igualdade- que hoxe son a base do noso sistema democrático, cando menos sobre o papel. Moito queda aínda por facer na defensa dos dereitos das mulleres, permanentemente ameazados alí onde foron acadados, por iso é que hoxe traemos aquí a súa biografía que, malia ser tirada da Wikipedia, fai un bo esbozo da que sen dúbida é a máis important

Pasou en 1977: O PSOE inscríbese legalmente no rexistro de Asociacións e Partidos Políticos do Ministerio do Interior

Imaxe
Vinte catro horas despois de que o Boletín Oficial do Estado publicase as normas para a legalización das asociacións políticas , os socialistas Luis Gómez Llorente e Luis Yáñez solicitaron o 10 de febreiro de 1977 a legalización do PSOE ao amparo desta nova normativa. Fonte: https://elpais.com/diario/1977/02/11/espana/224463628_850215.html

Antonio Taboada Novoa

Imaxe
Antonio Taboada Novoa, tipógrafo de profesión, traballou na Cooperativa Gráfica Orensana donde se publicaba o periódico Espartaco. Foi membro da Sociedad de Tipógrafos da UGT e afiliado ás Xuventudes Socialistas de Orense dende 1932, nas que ocupou distintas responsabilidades en diferentes executivas. Foi directivo da Casa do Pobo de Ourense. Pertenceu ó sector máis á esquerda do PSOE, sendo candidato por Ourense nas eleccións xerais de febreriro de 1936. O triunfar o golpe de xullo, fuxiu, permanecendo na clandestinidade ata o 2 de decembro do ano 36, dia que foi detido polos facciosos.  Condeado á pena de morte no Consello de Guerra celebrado en Orense o 22 de maio de 1937, foi executado ós 29 años o 27 de xullo de ese mismo ano nas inmediacions do cuartel de San Francisco. Nin esquecemos, nin perdoamos.  O noso recoñecemento ós mártires da liberdade, a democracia e a xusticia social.

Presentación da Secretaría de Memoria Histórica do PSdeG-PSOE de Ourense

Imaxe

Armando Fernández Mazas: o pioneiro na recuperación da memoria histórica en Ourense

Imaxe
Armando Fernández Mazas, esquecido mesmo polos seus propios correlixionarios, foi un destacado membro da ATEO (Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense) nos tempos da IIª República. Mestre de profesión, pasou polas escolas de Bóveda de Amoeiro e Villariño en Pereiro de Aguiar, sendo un profesional comprometido co ideario republicano e progresista. Ideoloxicamente estaba situado podería ser definido como troskista, tendo militado en Izquierda Comunista de España e no POUM, así como afiliado á UGT tras o ingreso da ATEO na FETE (Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza). Tras o Golpe de Estado de 1936, fuxe e permanece escondido en Castro Caldelas e Castro Leboeiro cunha identidade falsa, pasando despois a vivir en Valencia ata que é detido en 1955. A partir de 1963 reincorpórase ao maxisterio, exercendo na Gomera e en Pombeiro, no concello lugués de Pantón, ata a súa xubilación en 1975. Coa morte de Franco participa na reorganización do PSOE en Ourens

Historia do movemento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936)

Imaxe
Nesta obra, o autor describe minuciosamente a xénese e organización das primeiras sociedades obreiras da provincia de Ourense, facendo especial fincapé na inxente labor levada a cabo polos pioneiros do movemento obreiro na provincia, tales como José Verdes Montenegro, Heriberto Pérez Proenza ou, o tan querido, Manuel Suárez Castro -"Manoliño", como era coñecido agarimosamente na cidade-, que lideraron a loita polos dereitos das clases máis populares, contribuíndo de forma decisiva á construcción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, aínda a custe das súas vidas.     Francisco Javier Quintas Ferreño (Tui, 1979) é Licenciado en Humanidades, Master en Tic´s aplicadas a Educación pola USC e Máster en Investigación Psicosocioeducativa con adolescentes en contextos escolares pola UVigo. Investigador e Delegado da Fundación Luís Tilve en Ourense, tamén colabora como membro do Consello de Redacción da Revista Claridade. A súa labor como historiador céntrase no estudo d

A tradicional implantación socialista na vila de Allariz

Imaxe
Malia a hexemonía nacionalista dos últimos anos na vila de Allariz, moi poucas persoas saben que tempo atrás a implantación socialista en terras alaricanas estaba lonxe de ser testemuñal. Tal é así, que as primeiras novas da chegada do ideario socialista a esta vila témolas xa en 1913, cando foi creada a Sociedade de Dependencia de Comercio e Banca de Allariz , segundo nos informa El Socialista . Ese mesmo ano a sociedade alaricana participou na I Asemblea de Sociedades de Dependentes de Comercio de Galicia celebrada en Vigo, á que acudirían tamén as recentemente organizadas sociedades do ramo de Ourense, Celanova e Verín para adherirse á socialista Unión General de Trabajadores (UGT) . A Sociedade de Dependencia e Comercio de Allariz será, sen ningún xénero de dúbidas, o corazón socialista da vila, establecendo como centro neurálxico un Centro Obreiro do que lamentablemente non puidemos saber a súa localización. Será este un lugar de encontro para republicanos e esquerdi

Castor Sanchez Martínez: A conquista da cidadanía

Imaxe
A obra que se presenta constitúe o máis completo e fiel retrato dunha persoa exemplar: Castor Sánchez Martínez. O profesor Xulio Prada bríndanos esa oportunidade, e mellor é que de paso ás súas verbas para adentrarnos en tan admirable descripción: "A historia da humanidade é, en gran medida, a loita por conquistar o que os teóricos dos movementos sociais deron en chamar os dereitos de cidadanía ou, simplemente, a cidadanía. Acadar a plena condición de cidadáns require algo máis que ser suxeito dos dereitos civís e políticos que o proceso de construción do Estado liberal permitiu estender aos individuos —primeiro a os homes e máis tarde ás mulleres— ao longo do século XIX e os primeiros anos do pasado século XX. Esixe, tamén, ver recoñecidos ao mesmo nivel os dereitos sociais e asegurar un modelo de Estado e de gobernanza que garantan a procura duns niveis mínimos de benestar para todos eles." "Cando Castor Sánchez Martínez deu comezo á súa particular traxec

Cándido García Corral. Concelleiro en Ribadavia cuneteado no 1936.

Imaxe
Candido García Corral, concelleiro do PSOE en Ribadavia e a súa dona. O compañero Cándido era comerciante de profesión e veciño de Ribadavia, onde foi concelleiro do PSOE no ano 1936. Destacou pola súa defensa da IIª República desde os primeros momentos do golpe fascista. Víctima da represión paralegal, apareceu morto en Ponte Pequeno (Celanova) por mor dunha hemorraxia pulmonar e cardíaca o día 20 de xullo do ano 1936, cando contaba con 39 anos de idade.  Nin esquecemos, nin perdoamos.  O noso recoñecemento ós mártires da liberdade, a democracia e a xusticia social.