Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2018

Adolfo Rodríguez Ansias: o mestre da ATEO que viviu 28 anos emparedado

Imaxe
Rondíguez Ansias (2º pola esquerda) acompañado doutros membros da ATEO Orixinario de San Cibrao das Viñas e ideoloxía radical-socialistas, Adolfo Rodríguez Ansias era mestre republicano na escola de Bóveda (Amoeiro). Membro da ATEO, que en 1936 se adherira á FETE-UGT, foi tamén administrador da revista Escuela del Trabajo e o Boletín ATEO. Adolfo fora detido o 28 de outubro de 1934 baixo a acusación de inxurias ó réxime, cuxa causa foi sobresida. Contrario a levar ós nenos á igrexa, e identificado como inimigo do caciquismo, converteuse en branco da persecución tras a sublevación de xullo do 36. O seu foi un símbolo de extrema supervivencia, pois conseguiu eludir a súa detención permanecendo agochado nun zulo construído na vivenda dos seus tío en Ourense. O nonaxenario Carlos Domínguez (da familia dos “Capóns” de Bóveda) lembra a fuxida do mestre a través da historia que lle contara un familiar deste: “levárono oculto nun carro de uces dende Bóveda ata á Praza do Ferro” (en galego

O póximo día 12 de abril celebraremos un acto na memoria de Secundino Couto Solla, alcalde republicano de Canedo. Gustaríanos contar coa vosa presenza.

Imaxe

Armando Pompilio Fernández Mazas, o mestre da ATEO que refundou a FETE-UGT

Imaxe
Nacido en Ourense, o 30 de xaneiro de 1905, estudou na Escola Normal de Ourense, onde se graduou como mestre. No primeiro bienio republicano foi mestre na localidade e Bóveda (Amoeiro) e entrou en contacto coa Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), organización que en 1936 acaba adheríndose á FETE-UGT. No ano 1932 gaña en propiedade a súa praza de mestre en Vilariño (Pereiro de Aguiar). Militou no POUM e nas Xuventudes Socialistas Unificadas, sendo habitual colaborador no xornal antifascista ourensán Espartaco e na revista da ATEO Escuela del Trabajo. Co alzamento militar fuxe cara Castro Caldelas e entre os anos 1942 e 1947 refúxiase en Castro Leboreiro cunha identidade falsa. Instálase despois en Valencia, onde é detido co seu amigo Juan Rodríguez Dever en 1955 e trasladado á prisión de Carabanchel. En 1963 reincorpórase ao maxisterio, primeiro na illa da Gomera e despois en Pombeiro (Pantón), onde se xubilou en 1975. Foi fundador no ano 1977 da FETE-UGT, da que

Francisco Dopazo Rodríguez: concelleiro socialista en Amoeiro e primeiro Deputado Provincial do PCE

Imaxe
Veciño de Parada de Amoeiro, foi concelleiro socialista no concello de Amoeiro durante a IIª República. As súas posturas escorarán cara a esquerda, chegando a converterse no primeiro deputado provincial do PCE en Ourense. Nacido en Rairo (Parada de Amoeiro) no seo dunha familia labrega o 31 de outubro de 1902, O Protasio é recordado como unha persoa amable e voluntariosa para cos demais, ademais dunha fantástica habilidade para o desempeño da súa profesión como carpinteiro. Sempre estivo moi comprometido co ideario obreirista, chegando a presidir o Sindicato da Madeira da Casa do Pobo de Ourense. Aínda que inicialmente abrazou o ideario socialista, ao longo da República radicalizou os seus postulados e abrazou o ideario comunista. Foi concelleiro socialista, ou comunista segundo queiramos ver, do Concello de Amoeiro durante todo o período republicano, así como Deputado Provincial desde o 21 de marzo de 1936, sendo así o primeiro deputado provincial do PCE. En 1930 foi Voceiro da a

Lecturas recomendadas: 120 anos do 1º de Maio en Galicia

Imaxe
Rosa María López González Coa publicación deste libro a Fundación Luís Tilve da un primeiro paso á hora de cubrir un dos baleiros máis notables en relación a historia do movemento obreiro en Galicia. Nel rescátase a historia dun dos seus símbolos máis importantes: a celebración do 1º de Maio. Cunha visión de corte histórico-xornalístico a autora repasa a xénese da loita a prol dos dereitos e os logros acadados pola clase traballadora ao longo dos últimos 120 anos en Galicia. Nº de páxs.: 158 pp. 24x17 cm. ISBN: 978-84-95773-15-9  FICHA Título: 120 anos do 1º de Maio en Galicia Autor: Rosa María López González Edita: Fundación Luís Tilve ISBN: 978-84-95773-15-9 

Enrique de los Arcos Fajardo: Presidente da Casa do Pobo de Carballiño

Imaxe
Natural de Madrid (1884), estudiou medicina en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1907. Exerceu en Sigüeiro-Santiago e desde 1925 en Carballiño, onde foi médico forense e médico municipal. Foi impulsor da Sociedade Cultural Deportiva (19266) e tiña a súa propia escola onde impartía aulas gratuítas despois da súa xornada laboral, impartindo “hixiene”. Foi membro da UGT e Presidente da Casa do Pobo de Carballiño. Ao triunfar o golpe de Estado foi destituído como médico titular e inspector de sanidade do concello. Salvouse de maiores represalias por ter algunhas amizades entre xentes de dereitas e por ser o médico das monxas do asilo. Recuperou o seu posto en agosto de 1941. Faleceu en Carballiño en 1948. FONTE: Diccionario Biográfico del Socialislo Español:  http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico  

Lectura recomendada: Verín baixo o franquismo. A represión so 36, a resistencia e a guerrilla

Imaxe
O libro é froito do traballo desenvolvido por Xerardo Dasairas nos últimos anos. No seu Limiar, o autor fai unha declaración de intencións máis que evidente: «Este traballo ten como obxectivo prioritario rescatar para a memoria o maior número posíbel de persoas asasinadas, fusiladas e represaliadas na comarca de Verín durante o Franquismo». Un obxectivo nada doado xa que o autor atopouse con moitas dificultades para acceder a fontes documentais «e sobre todo para poder transcribir as actas do proceso 1.021, que coido que é a aportación máis importante os traballos da memoria histórica porque ata o de agora non se fixera na medida en que aparece neste traballo», e Xerardo Dasairas conseguiuno grazas a ir traballando coa paciencia dun franciscano para encaixar as pezas «e grazas a ir conseguindo material no Archivo Histórico de Ourense e recollendo as contribucións facilitadas polos investigadores que participaron no Congreso de Narón e noutros foros da memoria». FICHA Título: Verí

Lecturas recomendadas: Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión

Imaxe
O modelo represivo franquista privou a moitas víctimas ata dun lugar público de execución, e ós seus parentes do pequeno consolo dunha oración diante da súa tumba; dereito que nin sequera o sanguinario Aquiles lle negara ó ancián rei Príamo cando, conmovido polo seu pranto, accedeu a lle entregar o corpo de Héctor, seu mortal inimigo. Por iso son demasiadas as víctimas da represión paralegal, os paseados ou claudiados, que non figuran nas páxinas do libro malia os anos de investigación e as múltiples fontes traballadas. A natureza represiva do réxime franquista non se vai a ver alterada porque engadamos ou restemos cen ou duascentas víctimas máis ó obituario ourensán, pero o saneamento da memoria colectiva dun pobo é labor de todos; emporiso non é, non pode ser, un libro pechado senón aberto a todos cantos queiran deixar constancia da barbarie daqueles anos. A todos eles faise unha chamada dende estas páxinas para que colaboren na recuperación dunha parte do noso pasado que cómpre n

Ricardo Feijoo Varela (1875-1949): socialista e fundador da Casa do Pobo de Celanova

Imaxe
Tiramos de Hixinio Araúxo, neto de Ricardo Varela Feijoo, este fragmento da súa Lembranza do meu avó - publicada pola revista Arraianos hai xa uns anos- no cal se fai unha pequena biografía de Ricardo Feijoo Varela, a quen hoxe desexamos render tributo. Ricardo Feijoo (noi círculo da esquerda) na celebración do 1º de Maio de 1936 coa Sociedade de Oficios Varios de Celanova (UGT) e Manuel Suárez Castro (factotum do socialismo ourensán, no círculo da dereita) Ricardo Feijoo Varela (Moreiras-Celanova 1875-Celanova, 1949) Ricardo Feijóo Varela, “Maus”, naceu en Moreiras (Celanova) en 1875. Estudou cos pais escolapios no mosteiro de Celanova ata o bacharelato, renunciando logo a proseguir a carreira para facerse sacerdote. Ao rematar o servizo militar en Vitoria dirixiuse a Bilbao para traballar como carpinteiro e cursar estudos na prestixiosa Escola de Artes e Oficios, destacando como debuxante. Foi en Bilbao onde entrou en contacto cos ideais socialistas que irromperan nas zona

Entrevista con Paco Sarria en Onda Cero Ourense sobre o proxecto de Memoria Histórica do PSdeG-PSOE de Ourense

Imaxe
Déixovos aquí o enlace á entrevista qie mantiven con Paco sarria hai unhas semanas arredor do proxecto de recuperación da Memoria Histórica que estamos a desenvolver a través da Secretaría de Memoria Histórica da Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense. Espero que resulte do voso interese. Un fraternal saúdo! http://www.ivoox.com/24371924

Marcelino Fernández Prada, un alcalde socialista exemplar (A Rúa de Petín-San Xulián 20.09.1895 - Lugo 08.06.1944)

Imaxe
Industrial e mestre de obras, á súa chegada a Coruña en 1928 procedente de Nova York permaneceu varios días detido. Estableceuse en San Clodio - Ribas de Sil (Lugo), onde foi elixido alcalde tras a repetición das eleccións municipais o 31 de maio de 1931. Ocupou dito cargo ata o 22 de xullo de 1936. O 21 de abril de 1931 participou na constitución da Agrupación Socialista Obreira "Fraternidad y Trabajo" de San Clodio, vencellada á UGT e ao PSOE como Agrupación Socialista local desde maio dese mesmo ano, sendo ademais o seu primeiro presidente e representándoa no Congreso extraordinario do PSOE de xullo de 1931. Participou activamente na Revolución de 1934, polo que se viu na obriga de fuxir cara Portugal ata pouco antes das eleccións de 1936. Foi candidato do PSOE por Lugo nas eleccións xerais de febreiro de 1936, aínda que non obtivo escano. No mes de abril foi elixido compromisario do PSOE por Lugo para a elección do novo Presidente da República (Manuel Azaña). Fi

Semana do feminismo e o socialismo (VII): Hildegart Rodríguez Carballeira ("La Virgen Roja")

Imaxe
Moitas e notables foron as mulleres que ao longo da nosa historia se comprometeron coa causa feminista desde un socialismo activo e militante, abrindo traballosamente e con incansable ánimo a senda do inacabado camiño da igualdade de xénero. É por iso que, aproveitando as celebracións do Día da Muller, desexamos facer preesente as vidas dalgunhas destas heroínas en boa medida descoñecidas para o grande público.  Malia que desexariamos poder escribir unha entrada de propia autoría sobre cada unha delas, o certo é que nos vemos na obriga  por falta de tempo de recorrer ao notable traballo que outros fixeron antes que nós e que tan noblemente serve para o fin que nos propoñemos.  Divulgaremos unha entrada diaria desde o día de hoxe ata o próximo día 10, día sinalado no cal a  Secretaría  Provincial de Igualdadedo PSdeG-PSOE de Ourense   celebrará os actos de homenaxe ás mulleres socialistas  que -auguramos- terá unha grande carga emotiva e simbólica para todos os que cremos nos pr

Semana do feminismo e o socialismo (VI): Pilar Jaraíz Franco (1916-1996)

Semana do feminismo e o socialismo (V): María Luisa Fernández Lafuente

Semana do feminismo e o socialismo (IV): Carmen García Bloise

Semana do feminismo e o socialismo (III):Isabel Oyarzábal y Guthrie - Smith (1878-1974)

Imaxe
Moitas e notables foron as mulleres que ao longo da nosa historia se comprometeron coa causa feminista desde un socialismo activo e militante, abrindo traballosamente e con incansable ánimo a senda do inacabado camiño da igualdade de xénero. É por iso que, aproveitando as celebracións do Día da Muller, desexamos facer preesente as vidas dalgunhas destas heroínas en boa medida descoñecidas para o grande público.  Malia que desexariamos poder escribir unha entrada de propia autoría sobre cada unha delas, o certo é que nos vemos na obriga  por falta de tempo de recorrer ao notable traballo que outros fixeron antes que nós e que tan noblemente serve para o fin que nos propoñemos.  Divulgaremos unha entrada diaria desde o día de hoxe ata o próximo día 10, día sinalado no cal a Secretaría  Provincial de Igualdadedo PSdeG-PSOE de Ourense celebrará os actos de homenaxe ás mulleres socialistas que -auguramos- terá unha grande carga emotiva e simbólica para todos os que cremos nos principios

Semana do feminismo e o socialismo (II): María Cambrils Sendra (1877-1939)

Imaxe
Moitas e notables foron as mulleres que ao longo da nosa historia se comprometeron coa causa feminista desde un socialismo activo e militante, abrindo traballosamente e con incansable ánimo a senda do inacabado camiño da igualdade de xénero. É por iso que, aproveitando as celebracións do Día da Muller, desexamos facer preesente as vidas dalgunhas destas heroínas en boa medida descoñecidas para o grande público.  Malia que desexariamos poder escribir unha entrada de propia autoría sobre cada unha delas, o certo é que nos vemos na obriga  por falta de tempo de recorrer ao notable traballo que outros fixeron antes que nós e que tan noblemente serve para o fin que nos propoñemos.  Divulgaremos unha entrada diaria desde o día de hoxe ata o próximo día 10, día sinalado no cal a Secretaría  Provincial de Igualdadedo PSdeG-PSOE de Ourense celebrará os actos de homenaxe ás mulleres socialistas que -auguramos- terá unha grande carga emotiva e simbólica para todos os que cremos nos princ

Semana do feminismo e o socialismo (I): Micaela Chalmeta ("Amparo Martí")

Imaxe
Moitas e notables foron as mulleres que ao longo da nosa historia se comprometeron coa causa feminista desde un socialismo activo e militante, abrindo traballosamente e con incansable ánimo a senda do inacabado camiño da igualdade de xénero. É por iso que, aproveitando as celebracións do Día da Muller, desexamos facer preesente as vidas dalgunhas destas heroínas en boa medida descoñecidas para o grande público.  Malia que desexariamos poder escribir unha entrada de propia autoría sobre cada unha delas, o certo é que nos vemos na obriga  por falta de tempo de recorrer ao notable traballo que outros fixeron antes que nós e que tan noblemente serve para o fin que nos propoñemos.  Divulgaremos unha entrada diaria desde o día de hoxe ata o próximo día 10, día sinalado no cal a Secretaría  Provincial de Igualdadedo PSdeG-PSOE de Ourense celebrará os actos de homenaxe ás mulleres socialistas que -auguramos- terá unha grande carga emotiva e simbólica para todos os que cremos nos prin

Eladio Moure Rey (Ourense, 1901- ?)

Imaxe
Empregado de banca, nace en Ourense en 1901. Foi un destacado militante do PSOE e organizador da última campaña electoral da República. Con motivo da folga revolucionaria de 1934 sufrira pena de desterro por seren un dos principais instigadores e organizadores da mesma. Exerceu como Secretario da Agrupación de Dependencia Mercantil y Bancaria de Ourense, representante nos Xurados Mixtos, membro da Federación Provincial Agraria (1931), Bibliotecario do Comité Local da UGT (1931), militante da Agrupación Socialista de Ourense e delegado ao Congreso rexional do PSOE de Monforte (1931), Vocal do Comité local do PSOE de Ourense e delegado por Ourense ao Congreso das JJSS en 1922. Foi membro da Respectable Loxa Constancia nº 13 de Ourense, onde empregaba o pseudónimo de “Karl Marx”. FONTES: QUINTAS FERREÑO, F.J. (2012): Movemento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936), Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. El Socialista: 18.10.1929

Pasou en 1940: O 01 de marzo de 1940 promulgouse a Lei para a Represión da Masonería e o Comunismo

Imaxe
O 01 de marzo de 1940, isto é, hai hoxe 78 anos, promulgouse a Lei para a Represión da Masonería e o Comunismo. Segundo esta lei " Constituye figura de delito, castigado conforme a las disposiciones de la presente Ley, el pertenecer a la masonería, al comunismo y a las demás asociaciones clandestinas a que se refieren los artículos siguientes. El Gobierno podrá añadir a dichas organizaciones las ramas o núcleos auxiliares que juzgue necesarios y aplicarles entonces las mismas disposiciones de esta Ley, debidamente aceptadas.". Por todos é coñecida a insana obsesión que Francisco Franco tiña pola persecución e represión sistemática de todos aqueles colectivos sociais ou políticos que supuxeran, ao seu entender, unha ameaza para o establecemento do seu imperio de sangue e morte. As penas impostas ían desde a incautación de bens ata a reclusión maior, ás que normalmente se lles engadían penas accesorias como a prohibición do exercicio de cargos públicos ou consellos de ad